es
Livros
Kratch de Louis Couperus

A forza escura

Arredor de 1900, o neerlandés Otto van Oudijck desempeña o cargo de gobernador da provincia de Labuwangi, unha vila costeira ficticia próxima a Surabaia, na illa de Xava.Con esta obra Louis Couperus exerceu unha crítica ben temperá, penetrante e explícita, do colonialismo, dos europeos “que se instalan nunha terra que lles é hostil”. Para o autor, que toma partido pola resistencia dunha poboación nativa en aparencia submisa -a “forza escura” ou guna-guna, en xavanés, a maxia que “roe como un veleno e unha inimizade o corpo, a alma e a vida”-, Indonesia é “unha colonia xigantesca mais exhausta, dirixida desde os Países Baixos sempre cunha única idea en mente: a obtención de beneficios”, análise que desempeñou un papel crucial na toma de conciencia acerca dos desmandos do pasado colonial.
283 páginas impressas
Publicação original
2024
Ano da publicação
2024
Já leu? O que achou?
👍👎
fb2epub
Arraste e solte seus arquivos (não mais do que 5 por vez)